Piruleta de kiwi

04-12-2020


Ingredientes (para 2 persoas)

     •   1 kiwi

     •   30 g de améndoa crocante.

     •   30 g de manteiga

     •   100 g de cobertura de chocolate

     •   Paos para xeados

 

Preparación:

1. Pelamos os kiwis. E cortámolos en liscas grosas de 1 ou 2 centímetros.

2. Espetamos un paociño no canto das liscas a modo de piruleta.

3. Nun cunco colocamos a manteiga xunto coa cobertura.

4. Poñemos auga a quentar nunha pota e colocamos o cunco dentro, sen que a auga cubra o bol. Derretemos o chocolate remexendo pouco a pouco.

5. Seguidamente , antes de que o chocolate arrefríe, somerxemos completamente o kiwi na mestura de chocolate.

6. Esparexemos améndoa por riba.

7. Deixamos arrefríar ata que o chocolate se poña sólido.

 

OPCIÓN VEGANA: Trocamos a manteiga por margarina ou algunha outra graxa de orixe vexetal.

 

Autora da receita: Thais P.

Autora da foto: Nillo

Piruleta de kiwi