Pasta con nabizas

15-12-2020


Ingredientes (para 2 persoas)

     •   Media mada de nabizas (400 g)

     •   300 g de orechietti

     •   2 dente de allo   

     •   2 chiles secos

     •   6 filetes de anchoa

     •   AOVE (aceite de oliva virxe extra)

     •   Sal

 

Preparación:

1. Limpamos os grelos, retirando os canotos máis gordos.

2. Nunha pota poñemos auga e sal. Cando ferva, engadimos a pasta.  Cocemos durante 12 min. Reservamos un pouco desta auga na que temos cocido a pasta.

3. Nunha tixola, cun fondo de AOVE, sofritimos os allos fileteados ata que estean dourados.

4. Engadimos os chiles picados e os filetes de anchoa en anacos.

5. Engadimos tamén os grelos crús. Refogámolos durante 5 minutos ata que mingüen polo menos ata a metade. Engadimos entón, un par de culleradas da auga de cocer a pasta, e deixamos que se evapore.

6. Deixamos cocer por outros 5 minutos. Repetimos: engadimos auga e reducimos por outros 5 minutos. Se é necesario (dependendo do gusto de cada un) podemos repetir varias veces ata que a nabiza consiga o punto desexado.

7. Rectificamos de sal, xa que, aínda que non salgamos previamente, a anchoa aporta unha boa cantidade de salgadura.

8. Engadimos a pasta escorrida na mesma tixola onde temos as nabizas. Salteamos a lume forte sen deixar de remexer por 2-3 minutos.

 

OPCIÓN VEGANA: Prescindimos da anchoa.

Autora da receita: Thais P.

Autora da foto: Nillo

Pasta con nabizas