Patacas recheas de acelgas

18-01-2021


Ingredientes (para 2 persoas)

     •   4 patacas

     •   1 mada de acelga vermella

     •   200 ml de crema de soia

     •   60 g de queixo relado

     •   2 dentes de allo

     •   Noz moscada

     •   AOVE

     •   Sal

 

Preparación:

1. Lavamos as patacas coa pel. Untamos unha bandexa de forno con AOVE e colocamos as patacas.  Salgamos e asamos a 180°C por 40 minutos.

2. Por outra banda, nunha tixola, torramos o allo picado miúdo. Engadimos a acelga limpa e picada (ambas, folla e penca) e sofritimos por uns 15-20 minutos a lume medio-baixo.

3. Engadimos a crema de soia á tixola e deixamos reducir 4-5 minutos a lume medio. Salgamos e especiamos.

4. Voltamos ás patacas. Retirámoslles a parte de arriba cun corte transversal de lado a lado. E cunha culler baleiramos a parte interior da pataca.

5. Poñemos a polpa da pataca xunto coas acelgas e mesturamos.  Rectificamos de sal se é necesario.

6. Utilizamos a mestura de acelgas e patacas para encher as patacas previamente baleiras. Cubrimos con queixo relado.

7. Cociñamos por 10 minutos no forno a 180°C.

 

OPCIÓN VEGANA: Utilizamos un queixo vegano.

 

Receita: Thais P.

Foto: Thais P.

Patacas recheas de acelgas