Hamburguesas de cabaza

22-01-2021


Ingredientes (para 4 persoas)

     •   400g aprox. cabaza cacahuete

     •   4 boliños de hamburguesa

     •   Herba dos coengos 

     •   150 g de queixo de cabra semicurado

     •   1 dente de allo

     •   50 g de cebola encurtida*

     •   5 culleradas de flocos de avea

     •   3 culleradas de pan relado

     •   Noz moscada

     •   AOVE

     •   Sal

 

Preparación:

1. Pelamos a cabaza e relámola ou empregamos unha picadora. 

2. Engadimos o allo picado miúdo. Poñemos tamén o ovo, os flocos de avea e o pan relado coa cabaza. Salgamos e especiamos.

3. Untamos unha bandexa de forno con AOVE.

4. Facemos as hamburguesas dándolles forma coas mans.

5. Forneamos por 10 min a 180° C. Viramos as hamburguesas e forneamos por outros 10 min.

6. Torramos os boliños nunha tixola a lume baixo.

7. Montamos a hamburguesa no pan. Colocamos na base a hamburguesa, por riba o queixo. Logo as herbas dos coengos e por último a cebola.

 

*Para preparar a cebola encurtida, picamos en xuliana unha cebola vermella, e sumímola en 100 ml de vinagre de arroz. Podemos utilizar outro vinagre se non atopamos o de arroz.

 

OPCIÓN VEGANA: Substituímos o ovo, por unha cullerada de fariña de garavanzo e dúas culleradas de auga.  Prescindimos queixo ou trocámolo por un queixo vegano.

 

Receita: Thais P.

Foto: Nillo

Hamburguesas de cabaza