Saquiños de acelgas

29-01-2021


Ingredientes (para 2 persoas)

     •   1/2 mada de acelgas vermellas

     •   1 dente de allo

     •   80 g de queixo de untar

     •   20 g de piñóns

     •   20 g de manteiga

     •   1 lámina de pasta filo

     •   Sal

     •   Unha capa enteira dun allo porro ou fío de bridar.

 

Preparación:

1. Limpamos as acelgas.

2. Cociñamos nunha tixola cun pouco de AOVE o allo picado miúdo e as acelgas en anacos (folla e penca) durante, polo menos, 15 minutos.

3. Engadimos o queixo crema e remexemos ata que se mesture ben coas acelgas. Engadimos os piñóms, salgamos e reservamos.

4. Por outra banda, derretemos a manteiga a lume moi baixo para que non se toste.

5. Estiramos nunha mesa a lámina de pasta filo. Ides a ver que está composta por varias capas finas. Untamos cunha brocha unha das capas con manteiga. Seguidamente superpoñemos outra capa. Untamos de novo e seguimos repetindo ata ter todas as capas unidas coa manteiga.

6. Cortamos rectángulos de 12 cm por 15 cm aproximadamente.

7. Colocamos unha cullerada da mestura de acelgas no centro do rectángulo.

8. Formamos sacos unindo as esquinas opostas do rectángulo.

9. Cortamos a folla de allo porro en tiras moi finas. E empregamos estas tiras para atar os saquiños. Tamén podemos usar fío de bridar.

10. Cociñamos no forno por 10 minutos a 180°C.

 

OPCIÓN VEGANA: Substituímos a manteiga por AOVE. No canto do queixo de untar, podemos usar 50 ml de crema de soia, ou ben queixo de untar vegano.

 

Receita: Thais P.

Foto: Nillo

Saquiños de acelgas