Pan de allo porro

05-02-2021


Ingredientes (para 4 persoas)

     •   220 g de fariña (2 tazas)

     •   3 ovos

     •   2 mada de allos porros

     •   200 ml de nata

     •   150 g de queixo semicurado

     •   1 sobre de fermento químico en pó

     •   50 g de manteiga

 

Preparación

1. Limpamos os porros e picámolos en brunoise, é dicir, en dados moi miúdos. E refogámolos coa manteiga a lume baixo durante 5-6 minutos. Reservamos.

2. Por outra banda, nun cunco, batemos os ovos e mais a nata ata que estén ben mesturados.

3. Engadimos os porros cociñados e tamén o queixo relado.

4. Peneiramos a fariña e mesturámola có fermento e có sal.  E engadimos todo sobre a mestura anterior rmesturando amodo ata que todos os ingredientes estean integrados.

5. Untamos un molde de cake con manteiga. Logo, esparexemos fariña por riba e sacudimos o molde para desfacernos da fariña sobrante.

6. Poñemos a masa no molde e forneamos a 180°C por 35 minutos.

 

 

OPCIÓN VEGANA: Substituímos os ovos, por tres culleradas de fariña de garavanzo e 40 ml de auga.  Trocamos a manteiga por AOVE.  E substituímos o queixo por un queixo vegano, ou podemos prescindir del.

 

Receita: Thais P.

Foto: Thais P.

Pan de allo porro