Vasiño de kiwi

19-02-2021


Ingredientes (para 4 persoas)

Para a crema:

     •   200 g de queixo de untar

     •   160 g de nata

     •   40 g de azucre ou panela

     •   zume de 1/4 limón

 

Para a galleta:

     •   100 g de fariña de trigo

     •   1 sobre de fermento químico en pó

     •   50 g de manteiga

 

Para os kiwis:

     •   3-4 kiwis

     •   A monda dunha laranxa

     •   Canela

     •   20 g de panela ou azucre

 

Preparación:

 Para a crema:

1. Batemos a nata cun batedor de man ou eléctrico ata que estea semimontada.

2. Derretemos o queixo xunto co azucre durante un minuto ao baño maría.

3. Incorporamos o zume de limón e logo a nata. Reservamos.

 

Para a galleta

1. Derretemos a manteiga ao baño maría.

2.  Engadimos.o azucre e mesturamos ben.

3. Engadimos a fariña e amasamos coas mans ata que nos quede unha masa compacta.

4. Desfacemos a masa en pequenos anacos coma se foran faragullas.

5. Forneamos a 200°C por 10 minutos. Reservamos.

 

Para o kiwi:

1. Cortamos en dados a froita.

2. Nunha tixola poñemos a panela a lume baixo.

3. Engadimos a pel da laranxa en pequenas tiras. (É moi importante que retiremos a parte branca xa que aporta amargor)

4. Cando a panela comeze a derreter, engadimos os kiwis e a canela e salteamos durante 2 minutos. Reservamos.

 

Montamos os vasiños.

1. No fondo colocamos unha ou dúas culleradas de froita.

2. Seguidamente poñemos a crema (con culler ou con manga pasteleira) ata cubrir o vaso uns 2 cm. Repetimos candas veces queiramos.

3. Por último colocamos a gallete crocante por riba.

 

OPCIÓN VEGANA: Necesitaremos un queixo de untar vegano e trocaremos a nata por crema de coco. Para a galleta, trocaremos a manteiga por margarina.

 

Receita: Thais P.

Foto: Thais P.

Vasiño de kiwi