Pizza de coliflor

26-02-2021


Ingredientes (para 2 persoas)

     •   600 g de coliflor

     •   1 ovo

     •   60 g de fariña

     •   Sal

 

Preparación:

1. Limpamos a coliflor. Relámola ou picamola cunha picadora.

2. Mesturamos a coliflor cós ovos batidos ata que se forme unha masa.

3. Engadimos a fariña e mesturamos ben. Ata podemos amasar coas mans.

4. Salgamos.

5. Sobre un papel sulfurizado, nunha bandexa de forno, imos extendendo a masa cunha culler ou garfo ata cubrir toda a bandexa. Intentamos facela o máis fina posible.

6. Forneamos a 200°C  durante 15-18 min

7. Montamos a pizza ao noso gusto. Nós utilizamos queixo de cabra, pementos asados, alcaparras e xamón doce, pero podedes engadirlle o que máis vos apeteza.

8. Forneamos por outros 8 min a 180° C.

 

Opción vegana: Substituímos cada ovo por unha cullerada de fariña de garavanzo, máis dúas culleradas de auga.

 

Receita: Thais P.

Foto: Thais P.

Pizza de coliflor