A nosa horta ecolóxica atópase na parroquia de O Aparral, a 7 quilómetros da localidade coruñesa de As Pontes de García Rodríguez. Somos unha pequena empresa familiar que dende 2017 nos adicamos á produción de hortalizas ecolóxicas e venda directa de produtos frescos e de tempada.
Queremos ser os teus agricultores de confianza e por iso o trato é tan cercano e directo, sen ningún tipo de intermediarios.
Os nosos produtos contan coa certificación ecolóxica do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) que recoñece un sistema de produción que busca conseguir alimentos da máxima calidade mediante a utilización óptima dos recursos e sen o uso de productos químicos de síntese. Respectando o medio ambiente e conservando a fertilidade da terra.